Gondulfes

No ano 1132 atopámola mencionada como Sancta Crucem de Gondulfis, sendo doado este couto por Fernando I (1176) á Mitra de Ourense.
Foi anexo dependente do mosteiro de Servoi.
Aquí aparece residindo en decembro do 1491 o abade de Servoi don Diego Gayoso.
No leigo era un couto non dependente de Monterrei en el tiveron casa os do apelido Mascareñas: don Juan Manuel Mascareñas, erudito investigador, escribiu nesta casa solarenga as primeiras noticias que tivemos do Misal de Monterrei e desde a mesma publicou duros ataques (1812) contra a invasión francesa a pesar do seu pasado volteriano.
Un dos frades franciscanos de Monterrei di que naceu en Santa Elena da Cruz de Gondulfes co que cabe deducir que tamén estivo a parroquia baixo esta advocación.
Hoxe é parroquia de primeira clase e de presentación ordinaria. Contra con tres cálices de Rañoi, orfebre ourensán do S. XIX.
O topónimo fai alusión a un posuidor xermánico procendente de Gund-, Gond- (loita) e Wulfs (lobos). Gondulfus e Gondulfo son nomes que se repiten nos documentos da Idade Media.