Veigadenostre

No relixioso, pertence á parroquia de San Lucas de Parada da Serra, pero no civil pertence á Castrelo do Val. Era couto da Colexiada de Xunqueira de Ambía.
O topónimo está composto por veiga (procedente do preindoeuropeo baika) e nostre (que pode vir do latín noster – nostratim – facendo así referencia a un “lugar noso” – loci noster – segundo o vello costume en alusión á diferente pertenza relixiosa – a Gudiña – e territorial – Castrelo do Val –)