Patrimonio Natural

A riqueza natural ten ben arraigadas as súas raíces neste territorio, a paisaxe agreste do norte do concello, marcada polas estribacións da Serra de Queixa e o macizo de Cabeza de Manzaneda, suavízanse no sur cara o val de Verín.

O principal atractivo de Castrelo do Val está constituído polo Parque Natural do Invernadeiro, que forma parte do amplo espazo de Serra de Queixa-Montes do Invernadeiro, que neste termo acada a máxima altitude en Pena Nofre con 1.291 metros.

A rede fluvial está presidida polo río Támega (afluente do río Douro), que discorre cara o sur e baña as terras meridionais do concello, así coma o río Camba, que está represado no encoro das Portas. Completan a rede fluvial numerosos ríos, arroios e cascadas de augas cristalinas onde proliferan troitas e anguías.

muinhoscampos
A orografía, a rede hidrográfica e o clima marcan unha extraordinaria paisaxe decorada cunha vexetación mixta de carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea satiba) entre os que se intercalan o carballo meloxo (Quercus pyrenaica), o acivro (Ilex aquifolium), o teixo (Taxus baccata) e o endrino (Prunus spinosa). En altitudes superiores o bosque é substituído polo mato con especies como breixo e xesta. Esta variada vexetación constitúe o hábitat natural da fauna autóctona presidida polo lobo (Canis lupus signatus), o xabarín (Sus scrofa), o corzo (Capreolus capreolus), o teixugo (Meles meles), o gato bravo (Felis sylvestris) e a londra (Lutra lutra).

Os amantes do sendeirismo dispoñen de varías rutas ben sinalizadas como a dos Carboeiros, a do Portozón ou o Casteliño, con diversos servizos con función de albergue en Servoi e Pepín, ou aulas de natureza.

Parque do Invernadoiro

vista-concelloCampobecerros é a entrada natural a este espazo protexido, declarado Parque Natural de Galicia pola Xunta o 5 de xuño de 1997, pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e o enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico. Ocupa unha superficie total de 5.700 hectáreas de alta montaña, formada polas Serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas. Aquí, as altas montañas cubertas de pastos amosan o seu máximo esplendor ata case fundirse coas ribeiras dos ríos, onde ceden o protagonismo aos bosques e aos soutos.

O río Támega e o Cabras encárganse da dispersión hidrográfica do Parque ata que as súas augas chegan ás cuncas do Douro e do Miño, en tanto que a nivel xeomorfolóxico destacan os vales encaixados que amosan a acción erosiva fluvial. Predominan as chairas illadas, con altitudes aproximadas de 1000 m. A acción do xeo durante o cuaternario deixou pegadas xeomorfolóxicas como morrenas, circos glaciares, etc.

mapa-invernadeiro

Este parque natural, debido a súa situación interior, ten un clima oceánico con matiz continental. Os veráns son suaves, con temperaturas ao redor dos 15ºC, e os invernos bastante fríos, con mínimas que poden chegar aos -7ºC. As precipitacións son moi abundantes (2000mm/ano) e nos vales atopamos un matiz mediterráneo cun verán máis caloroso e seco. Tanto na estación de Portocamba como na de Campobecerros, rexístrase unha temperatura media anual en torno aos 9 ºC.

Este carácter mixto inflúe na vexetación ao atoparse no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. Por un lado, a presenza de bosques de carballo (Quercus robur) e carballo albar (Quercus petraea), especies típicas do clima continental. E por outro lado temos tamén especies máis propias do clima mediterráneo como o carballo meloxo (Quercus pyrenaica), o acivro (Ilex aquifolium), o teixo (Taxus baccata) ou o endrino (Prunus spinosa), ademáis das especies de produción forestal entre as que predomina o pino roxo (Pino radiata). No parque perviven os carballos máis antigos de Galicia, algúns deles cun tronco que supera os 6 metros de diámetro.

A fauna ten aquí o entorno idóneo para crecer e adaptarse ao medio. O lobo (Canis lupus signatus) é o depredador por excelencia e somete a un control natural de crecemento as poboacións de corzo (Capreolus capreolus) e de xabarín (Sus scrofa). Tamén son destacables as especies como o cervo (Cervus elaphus), o teixugo (Meles meles), a londra (Lutra lutra), o gato bravo (Felis sylvestris), a doniña (Mustela nivalis), a lebre (Lepus granatensis gallaecius), a perdiz (Perdix perdix) ou incluso a aguia real (Aquila chrysaetos).

hiltonbet hiltonbet giriş hiltonbet güncel giriş hiltonbet hiltonbet giriş pusulabet güncel giriş matbet matbet girş matbet giriş matadorbet güncel giriş matbet güncel marsbahis marsbahis giriş marsbahis güncel giriş marsbahis güncel sahabet sahabet giriş sahabet güncel giriş matbet matbet giriş matbet güncel giriş matbet matbet giriş pusulabet pusulabet giriş pusulabet güncel pusulabet güncel giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel giriş betturkey güncel betwoon betwoon giriş betturkey güncel extrabet extrabet giriş extrabet güncel giriş extrabet extrabet giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel betturkey güncel giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel betturkey güncel giriş matadorbet matadorbet giriş matadorbet güncel giriş matadorbet güncel hacklink