Sendeirismo

Destacan no noso concello as rutas de sendeirismo nas que o camiñante poderá admirar a beleza dos paisaxes e gozará dun entorno moi pouco afectado pola actividade humana. Dentro das rutas máis destacadas sinalamos

sendeirismo

A RUTA DOS CARBOEIROS

torgosEsta ruta nace en conmemoración dunha actividade que complemento a economía familiar de moitas familias das zonas máis montañosas do noso concello (Portocamba, Campobecerros, Sanguñedo, Veiga de Nostre, Fontefría e, en menor medida, Piornedo e Servoi).

O carbón elaborábase con raíces de torgo, un arbusto de alta montaña; cortábaselle a parte aérea da planta e despois arrincábase a parte soterrada (raíces) co aixadóns e apiábanse nunha morea. Doutro lado, preparábase o braseiro, un burato máis ou menos grande feito na terra, onde se botaban as raíces e se lle prendía lume para que se queimasen as brasas e se fixese o carbón. Cando acababa de arder, tapábase con terra para que se fixese o carbón. Unha vez feito, gardábase en sacos e baixábase en burros ou machos en dirección aos pobos do val e ás vilas. Os clientes máis habituais eran os ferreiros das aldeas e a xente das vilas.
A ruta componse dunha vértebra central de 17km. paralela á estrada comarcal OU114 que une Vilamaior con Campobecerros. Esa ruta sae de Campobecerros e atravesa o Candal, Penanofre, montes de Servoi e Alto dos Friles ata chegar a Castrelo do Val. Desa ruta central parten derivacións cara os pobos de Fontefría, Vilar, Servoi, Ribas, Pepín e Castrelo do Val.

RUTA DO CIRCUITO GALAICO-LUSO

rutaA Camiñata de Montaña de Castrelo do Val consta de 50km. Dividida en tres etapas de dificultade baixa, media e alta, transcorre na súa maior parte pola Ruta dos Carboeiros e chega a ta os límites do Parque Natural de Invernadeiro. Esta camiñata puntúa para o Campionato Galego de Seneirismo e está organizada polo Concello de Castrelo do Val e polo Circuito Galaico-Luso.
Recorrido: 50km.
Difucultade: baixa-media-alta

RUTA DO PORTOZÓN

ruta2A “Ruta do Portozón” parte da zona denominada “O Terrón” en Castrelo do Val, sube cara o pobo de Pepín, cruzándoo e encamiñándose cara o pobo de Ribas, dende onde se bordea o río para unirse á Ruta dos Carboeiros. Seguindo ese camiño, chega ata os Friles e sobe ata o pobo de San Paio. Dende alí encamíñase ao mirador de Portozón, onde se pode ver unha perfecta vista panorámica do Val de Monterrei e volta pola canle de regadío que, en tempos, abasteceu ao pobo de Gondulfes, para voltar ata o punto de partida. A ruta pódese facer tanto a pé coma en bicicleta.
Recorrido: 18km.
Dificultade: Media

RUTA DO CASTELIÑO

A “Ruta do Casteliño” ten o seu punto de partida na zona denominada “O Terrón”, en Castrelo do Val, e inicia a súa andaina cara a Ribas. Despois vai ao pobo de Pepín, cruzándoo e saíndo no “Alto de Vales” en dirección a Nocedo do Val, cruza o pobo e volta pola “Tapada”, “Casteliño”, “Salgada”, “Trascarreira” e remata novamente na zona de “O Terrón”. Ten un percorrido duns 8 quilómetros, a realizar a pé ou en bicicleta.
Recorrido: 8km.
Dificultade: Baixa

Se queres ver as fotografías da camiñada do 16 de marzo de 2008, preme aquí (levarate a unha conta de flickr)

hiltonbet hiltonbet giriş hiltonbet güncel giriş hiltonbet hiltonbet giriş pusulabet güncel giriş matbet matbet girş matbet giriş matadorbet güncel giriş matbet güncel marsbahis marsbahis giriş marsbahis güncel giriş marsbahis güncel sahabet sahabet giriş sahabet güncel giriş matbet matbet giriş matbet güncel giriş matbet matbet giriş pusulabet pusulabet giriş pusulabet güncel pusulabet güncel giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel giriş betturkey güncel betwoon betwoon giriş betturkey güncel extrabet extrabet giriş extrabet güncel giriş extrabet extrabet giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel betturkey güncel giriş betturkey betturkey giriş betturkey güncel betturkey güncel giriş hacklink